Galicia Informativos Crónica de Galicia - 14/06/2514/06/2025

Crónica de Galicia - 14/06/25

Galicia tamén clama contra o xenocidio en Gaza. Centos de persoas saíron á rúa este mediodía en diversas localidades para denunciar un masacre que consideran inxustificable e insoportable por parte de Israel. Pídenlle ás administracións que actúen xa e que comecen a chamar ás cousas polo seu nome.

É a imaxe dun día que nos deixa tamén o desmantelamento de dúas redes criminais adicadas ó roubo masivo de cobre en León, Galicia, Asturias e Cantabria. No caso galego, tratábase de tres roubos con forza en Lugo e outro na Coruña. En total, hai once detidos.

E mañá moi complicada na AG-53, co tráfico cortado á altura de Punxín, dirección Ourense, tras envorcar un camión frigorífico. Foi ó tratar de esquivar outro coche accidentado. Os condutores tiveron que seren trasladados ó hospital

Galicia Informativos
Más opciones