Galicia InformativosCrónica de Galicia - 14/02/2414/02/2024
Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
Xornada de campaña marcada hoxe polo debate que celebrarán Ana Pontón, candidata do BNG, e José Ramón Gómez Besteiro, do PSdeG, en radiotelevisión española.
Poderán seguilo DENDE AS 10 DA NOITE, en directo en Radio Cinco, e tamén en Televisión española: desconexión pra Galicia na 1 de televisión española, e en toda España no canal 24h. Un debate, lembremos, ó que o aspirante do partido popular, Alfonso Rueda, declinou acudir, e tamén rexeitou enviar a outra persoa no seu lugar.
Os candidatos apuran estes últimos días con apoios das formacións nacionais coma o de Alberto Núñez Feijóo, María Jesús Montero, Pablo Bustinduy ou Irene Montero.