Crónica de Galicia 13.30 - 27/12/25
Ventilación axeitada, detectores, revisións periódicas dos aparellos... Son algunhas das recomendacións dos servizos de emerxencias para o uso de calefactores e braseiros nas vivendas. Consellos que cómpre anotar, especialmente tra-la negra xornada deste venres, con 3 vítimas mortais por incendios en vivendas en Mourente e Mugardos.
Unha chamada á seguridade que chega nun momento delicado para algúns corpos de emerxencias, con efectivos baixo mínimos hoxe en Ferrol e peches encadeados de parques na provincia de Pontevedra.
...
Hoxe no espazo da entrevista, afondaremos nunha figura compostelá de gran interese histórico: o arcebispo Xelmírez. Fundamental pra explicar a tradición xacobea. No-lo contará o escritor Rodrigo Costoya
Dos deportes, protagonismo esta fin de semana para o baloncesto. O Breogán visita esta noite ao Juventut