Galicia Informativos Crónica de Galicia 13.30 - 04/01/2604/01/2026

Crónica de Galicia 13.30 - 04/01/26

Preto dun oito por cento dos galegos ten algún grao de discapacidade recoñecido. O número de resolucións medra a un ritmo moito menor das solicitudes que se presentan.

E ás portas do sorteo da Lotería do Neno... a ANPA dun colexio da Peroxa, en Ourense, anula as participacións que vendera porque o número repartido non se correspondía co xogado.

Recollemos tamén as impresións de parte do empresariado galego, que olla cara Venezuela e as posibilidades de negocio que se abren sobre todo para o sector mar-industria tra-la intervención estadounidense.

Ademais, falaremos do tratado de Mercosur ou da falta de relevo xeracional no campo con María Ferreiro, a nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

Todo nunha xornada fría. A cota de neve baixa aos 600 metros

Galicia Informativos
Más opciones