Crónica de Galicia 13:30 - 22/02/26
Día de celebración dos populares galegos por eses dous anos de lexislatura de Alfonso Rueda ao fronte da Xunta de Galicia. Este domingo, en Santiago, o presidente do goberno galego rodeuse da sua xente do partido popular pra repasar o bo facer, dixo, da sua política en Galicia. Un acto no que ademáis tamén falou de Altri. Alfonso Rueda culpa ao goberno central de que decaera este proxecto e á oposición por celebrala perda da fábrica.
O BNG tamén quixo facer un repaso a estos dous anos de lexislatura de Alfonso Rueda que cualifica de fracaso de acra a resolver os problemas dos galegos e galegas pero mais afortunado en favorecer ás empresas.
Noutros asuntos, mobilización da CIG polo convenio do transporte por estrada na provincia da Coruña. A central nacionalista continua rexeitando o acordo da patronal e acusa a UGT e COOO de traizón.
No tempo da entrevista falaremos co secretario xeral de Sumar Galicia sobre varios asuntos da actualidade. A vivenda e Altri entre eles.