Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 20/12/2520/12/2025

A dúas semanas de xaneiro, que traerá unha suba das peaxes, a concesión da AP9 chega ó Tribunal Supremo. A asociación de transportistas galegos vén de anunciar un recurso que busca a nulidade das prórrogas. Á vez, hoxe o BNG pediu que se free o futuro aumento dos prezos nesta autoestrada.

Precisamente as últimas horas deixan un falecido na AP9, a altura de Moaña, tras unha colisión entre un coche e unha furgoneta; e un motorista perdeu a vida en Salvaterra de Miño, na PO-510. Moita precaución, estamos na operación saída, a DXT prevé 2 millóns de desprazamentos por estrada este Nadal en Galicia.

Todo nunha fin de semana con nova citación masiva para a vacinación contra a gripe, e mañá tamén de reivindicacións laborais do persoal de supermercados.

Galicia Informativos
Más opciones