Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 18/01/2618/01/2026

Saúdos, bo día

O sector primario galego está en pé de guerra. No mar, pola modificación do regulamento europeo de control da pesca. Mañá a frota permanecerá amarrada cadrando coa reunión no ministerio. E no campo, polo acordo co Mercosur recén asinado. Unha tractorada en Ourense bloquea o tráfico na nacional 120 dende primeira hora deste sábado.

Mentres, o presidente da Xunta atópase hoxe en Zaragoza nunha xuntanza dos baróns do Partido Popular pra abordar o financiamento autonómico

O turismo centrará o tempo de entrevista, a pouco días de que arranque a Fitur en Madrid, conversamos co director de turismo na Xunta, Xosé Manuel Merelles

Deportes, xoga arestora o Depor Feminino contra o Levante Badalona. Gaña 1 a 0. Na categoría masculina, vitoria dos branquiazuis este sábado contra o Almería. O Celta xoga esta tarde contra o Rayo.

E no tempo, a Xunta vén de desactivar o plan inungal para o seguimento dos ríos pero a friaxe pode provocar pracas de xeo nas estradas así que vaian con precaución.

Galicia Informativos
Más opciones