Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 17/01/2617/01/2026

Saúdos, boa tarde

Unha tractorada corta dende esta mañá un dos principais accesos á cidade de Ourense, a nacional 120. Cando quedan só unhas horas para que se asine o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e o Mercosur, os profesionais do campo intensifican as súas protestas ante o que consideran un pacto ilexítimo.

Outra vía que se está a ver afectada este sábado é a AP-9 ó seu paso por Portas, Pontevedra, neste caso por un accidente entre un camión de mercadorías perigosas e un turismo. Dúas persoas resultaron feridas. O tráfico continúa pechado no kilómetro 116 sentido Vigo. Arestora trabállase en retirar o camión envorcado. Hai un desvío habilitado pola saída 110.

Hoxe, no tempo de entrevista, profundamos no movemento Bravú co músico e escritor Xurxo Souto

Nos deportes, o xogador do celta Fran Beltrán a piques de marchar ó Girona. O Depor visita esta noite ó Almería

Galicia Informativos
Más opciones