Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 16/11/2516/11/2025

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve

O presidente da Xunta avanza que en 2026 haberá ata catro mil vivendas de promoción pública en marcha en Galicia. Son mil máis das que xa se están a facer, segundo dixo Alfonso Rueda na intervención pública tra-lo retiro de traballo do seu goberno en Meis.

Asunto principal dun día no que continuaron os traballos nas Neves pra retirar o tren de mercadorías que descarrilou este sábado, provocando a interrupción da circulación ferroviaria entre Ourense e Vigo. O ADIF apunta a un desprendemento de terras como posible causa do accidente. Renfe estableceu un plan alternativo de trasporte en autobús.

Sinistros tamén nas estradas. En Culleredo, catro persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ó hospital da Coruña. Entre elas, un menor de idade.

Galicia Informativos
Más opciones