Galicia InformativosCrónica de Galicia 13:30 - 14/02/2614/02/2026
Crónica de Galicia 13:30 - 14/02/26
Médicos galegos apoiaron hoxe en Madrid a manifestación pra reivindicar un Estatuto marco propio. Unha mobilización que precede á folga dunha semana que se inicia o luns.
Estamos tamén en Vigo. Hai preocupación despois de que o goberno de Uruguai rescindise o contrato das dúas patrulleiras con Cardama. Mellores novas, en cambio, pros traballadores de GKN. A empresa accedeu a retira-lo ERE.
En Soutomaior, morreu un home de 56 anos ó caerlle enriba a árbore que talaba.
E de volta na cidade olívica, última despedida este mediodía a Xesús Alonso Montero