Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 12/04/2612/04/2026

Crónica de Galicia 13:30 - 12/04/26

Centos de persoas apoian dende Galicia a saída da Global Sumud Flotilla, que hoxe inicia viaxe simbolicamente dende Barcelona co obxectivo de romper o bloqueo israelí sobre Gaza.

O mal tempo adía a partida, pero mantivéronse as mobilizacións en case unha decea de localidades galegas. Unha delas, Santiago...

Este domingo celebramos ademais o Día da Atención Primaria, cos colectivos sanitarios reclamando melloras que mañá se concretarán en manifestacións diante dos centros de saúde.

Das estradas, un condutor de 62 anos morreu nun accidente rexistrado esta mañá en San Cibrao das Viñas, en Ourense. Impactou contra unha rotonda. Barállase que puidese sufrir unha indisposición porque non había marcas de freado.

((((Ademais, outro home de 53 anos apareceu morto nun banco de Vilagarcía. Todo apunta a que se trata dun falecemento natural.))))

(((Recollemos tamén un rescate no mar. Un equipo de Gardacostas de Galicia tivo que auxiliar de urxencia (a pasada noite) un iate que embarrancou fronte ó paseo marítimo do Grove.)))

E protagonismo, un día máis, pro tempo, que segue frío

Galicia Informativos
Más opciones