Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
O modelo de financiamento autonómico centrou boa parte das intervencións de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, que veñen de clausurar na Coruña a interparlamentaria do Partido Popular. O presidente da Xunta apelou á unidade e a loitar por un interese común fronte a un goberno de Pedro Sánchez que na súa opinión cede ás chantaxes duns poucos. Un argumento no que afondou o líder nacional do partido, que insistiu en que se está a xogar cos cartos de tódolos españois.
É unha das principais citas políticas dun día no que o BNG rende a tradicional homenaxe a Castelao en Rianxo, e no que o PSdeG puxo o foco na Sanidade.
Mentres, na autovía das Rías Baixas os gandeiros pasaron a primeira noite á intemperie en protesta polo acordo do Mercosur. Están dispostos a manter o bloqueo da A-52 mentres lles sexa posible.