Galicia InformativosCrónica de Galicia 13:30 - 08/03/2608/03/2026
Crónica de Galicia 13:30 - 08/03/26
Son algunhas das voces dos milleiros de mulleres que hoxe saen á rúa para denunciar tódalas desigualdades que aínda padecen: violencia, salarios máis baixos ou precariedade... É o tema do día pero este 8M abordamos máis asuntos...
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova reclama responsabilidades polo deterioro da pintada das Mocedades Galeguisas durante unha rodaxe.
No tempo da entrevista falamos coa profesora e investigadora do Campus Terra da USC Marta López.
E estamos pendentes do Pazo dos Deportes de Lugo.. onde o Breogán perde contra o Barça