Crónica de Galicia - 13/08/24
A atención a maiores e dependentes segue xerando debate en Galicia. Por un lado, nas residencias, onde a calor das últimas xornadas provocou queixas de traballadores e familias. Os inspectores de servizos sociais apuntan que non hai nada que regule as condicións de calor ou frío destas instalacións. Malia iso, propuxeron facerlle seguemento, algoq ue se desbotou.
Por outra banda, a falta de fondos pra atender ós dependentes xera tamén desatencións. En Vigo hai 170 persoas en lista de espera pro servizo de axuda a domicilio, malia teren o recoñecemento da Xunta
- Aumenta a preocupación entre os gandeiros polo impacto da enfermidade hemorráxica epizoótica.
O dono dunha granxa de Vilar de Barrio pensa o impacto real en explotacións en extensivo aínda se descubrirán máis adiante.
- Inaugurada a nova Base aérea Verín-Oímbra de loita contra incendios forestais na fronteira entre Galicia e Portugal.
Forma parte do proxecto 'Interlumes' para reforzar a capacidade de resposta contra o lume a ambos lados da raia.
- Os concellos polos que pasa o Camiño dos Faros piden axuda pra mante-la ruta en condicións de seguridade
Queren que a Xunta e a deputación colaboren no mantemento, mentres aumentan as incidencias e molestias pros que a percorren
- O refuxio de animáis La isla de Tali de Nigrán recibe unha doazón de 300 kilos de penso
A aportación axudará a protectora a atender medio cento de gatos, e as colonias do concello
- No tempo, refresco hoxe case xeralizado, e auga