Crónica de Galicia - 13/02/25
Un medicamento de uso común e pouco custe, mesturado con drogas coma o haxix ou alcohol, estabase a distribuir entre rapaces e mozos na área de Cangas e Vigo. A garda civil da por desartellada unha organización que distribuía esta droga elaborada con Rivotril. Entre os investigados como froito desta operación hai sanitarios e farmacias, que estarían a colaborar na rede. Dous elementos, menores consumindo unha sustancia con moito risco pra saúde, e a participación de profesionais do ramo, moi preocpantes
- Sen medidas concretas na reunión entre o fiscal e o conselleiro de sanidade polas últimas agresións a sanitarios.
Antonio Gómez Caamaño só reiterou que se van revisar os protocolos e unha campaña dirixida ós pacientes.
- Queixas en Santiago pola saturación das urxencias do hospital clínico.
O colectivo de pacientes atribúeo á falta de persoal en servizos como o de Medicina Interna e pide solucións estruturais.
- O BNG leva ó Parlamento a petición para que se declare Ben de Interese Cultural o conxunto histórico da Illa da Toxa.
A solicitude inclúe o Gran Hotel Balneario, a capela, o balneario ou a fábrica de xabóns.
- Presentada en Ourense a primeira oficina termal virtual de toda España.
Está vinculada ó AVE: o seu obxectivo é captar cen mil usuarios dos máis de dous millóns que cada ano pasan pola estación ourensá.
- O tempo... predominan as nubes, pero con temperaturas algo máis altas