Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
O goberno galego desprazouse hoxe fora do seu escenario habitual... Nesta ocasión celebrouse na capital lucense, onde o presidente da Xunta anunciou novos investimentos pra conservación da muralla e pro campus Terra... Un consello que recibiu a dimisión da directora xeral de Patrimonio Cultural, que recentemente recibiu moitas críticas polo seu informe sobre a celulosa que altri quere instalar en Palas de Rei
Mentres, no parlamento, horas de moito movemento nas horas previas a unha reunión da mesa da CRTVG na que dará comezo o trámite pra relevar a Alfonso Sánchez Izquierdo, que a dirixe dende a chegada de Feijóo ó goberno en 2009. Polo de agora non hai nomes sobre a mesa, pero a oposición desconfía de que o PP teña vontade de chegar a acordos, dado que na terceira votación poderá impoñe-lo seu aspirante...