Galicia Informativos Crónica de Galicia - 12/04/2412/04/2024

Crónica de Galicia - 12/04/24

O día internacional da atención primaria sirve pra poñer de novo en evidencia as carencias deste segmento da sanidade pública. Os propios médicos recoñecen que están sobrepasados e que, inevitablemente, o que non se atende nos centros de saúde acaba nas urxencias. Os que máis o padecen son os que están máis alonxados das áreas urbanas. A solución pasa por reforzos de persoal: faltan médicos de familia, pediatras ou matronas. Ademais, os medicos insisten en que a xestión das citas non está resultando efectiva.

As protestas de sanidade volveron ás portas do Parlamento.....Deseguido escoitamos ós protagonistas. Pero antes, con Noemí Alonso, adiantamos en titulares outras noticias deste venres no que as altas temperaturas están en tóda-las conversas

- O Boletín Oficial do Estado e o Doga publica hoxe o nomeamento de Alfonso Rueda como presidente da Xunta 

Mañá tomará posesión do cargo en San Domingos de Bonaval. Cóntase que o domingo dea a coñecer os nomes dos conselleiros.

- O BNG quere Feijóo e Rueda comparezan na Comisión do Congreso que vai investigar as compras de material sanitario durante a pandemia. 

Tamén quere que comparezan os responsables de Sanidade e o conselleiro maior do Consello de Contas, organo que fiscalizou os contratos da Xunta.

- Os socialistas amosaron esta maña a súa preocupación polo posible deterioro que poden sufrir os servizos públicos.

Faino tra-la advertencia da autoridade independente de responsabilidade fiscal de que Galicia pode incumprir a regla de gasto neste 2024.

- Nova concentración dos mariscadores da Ría do Burgo fronte á delegación do goberno na Coruña. 

Reclaman á Consellería do Mar que NON permita continuar coas probas de semente da cría polo deficiente substrato

Galicia Informativos
Más opciones