Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Ames, A Baña, A Fonsagrada, Moaña ou O Barco de Valdeorras son algúns dos concellos de Galicia que se veñen manifestando polas prazas vacantes de pediatría. Hoxe poñemos cifras e escoitamos as consecuencias que ten para un neno a falta de seguimento por parte do mesmo profesional co paso dos anos.
É un dos temas deste domingo no que o Partido Socialista continúa coa súa renovación e coa vista posta nas municipais de 2027. Arestora clausura do congreso da formación da provincia da Coruña. Recollemos tamén ás críticas do PP á situación de inestabilidade do PSdeG nalgúns concellos, e as do BNG pola falta de democracia dos populares á hora de debater asuntos relacionados coa súa xestión.
Todo a uns días das Letras Galegas, no noso tempo de entrevista recibimos ó presidente da Real Academia, Henrique Monteagudo.