Crónica de Galicia - 10/06/25 - Escuchar ahora
A candidata do PP para dirixir a CRTVG non obtivo os votos necesarios na primeira votación no Parlamento.
A oposición rexeita a elección de Concepción Pombo e acusa a Xunta de querer converter os medios públicos nun gabinete de progaganda.
- A Xunta e as tres universidades van afondar na descentralización das parte práctica de Medicina.
A Universidade da Coruña mantén a intención de impartir este grao pero dá marxe a rectificar se o novo documento que se poida consensuar contenta as súas demandas.
- Nova protesta das traballadoras do servizo de axuda no fogar e das residencias privadas.
Critican que a Xunta beneficie ás empresas concesinarias que manteñen as empregadas nunha situación precaria.
- Preocupación das organizacións animalistas pola proxecto pra instalar un criadoiro experimental de larvas de polbo en Moaña.
A empresa alega que se trata dunha iniciativa científica sen ningún tipo de finalidade produtiva ou comercializadora.