Galicia InformativosCrónica de Galicia - 10/05/2510/05/2025
Nuns días de actos pola vindeira celebración das Letras Galegas, asinada en Santiago unha declaración en defensa da lingua. Baixo a convocatoria de Queremos Galego, diversos políticos piden á Xunta medidas para deter a perda de falantes.
No Morrazo, onde a poboación se multiplica ata por cinco no verán, este mediodía concentración contra a falta de planificación turística que pon en risco o abastecemento de auga e que dispara o prezo da vivenda.
As últimas horas deixan un operario ferido: o condutor dun camión que traballaba de madrugada en San Cibrao das Viñas. O vehículo caeu por un barranco. Tamén ferido outro condutor tras caer co coche por un terraplén en Vedra. Tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencias.