Crónica de Galicia - 09/09/25
O presidente da Xunta defende a súa xestión da crise dos incendios, pero anuncia un reforzo dos medios de extinción, especialmente os aéreos, e tamén a prevención, pra evitar que se repita unha vaga na que eleva a superficie arrasada ata as 120 mil hectáreas. Foi nunha comparecencia no parlamento na que nacionalistas e socialistas pediron a súa dimisión, e lamentaron que se limitara a ciulpar ós pirómanos e a falta de axuda do goberno central...
- Debate da toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular pra elimina-las inxerencias políticas dos medios de radio e televisión públicos galegos
- Sincicatos, patronal e administracións coinciden en que o protocolo de seguridade das traballadoras do servizo de axuda no fogar debe contar cunha análise de riscos previa
- Os sindicatos médicos convovcan folga o 3 de outubro en demanda dun convenio colectivo específico pra eles, á marxe doutras profesións sanitarias
- Xa se están a cubri-los ceos, chega unha nova fronte