Galicia Informativos Crónica de Galicia - 09/08/2509/08/2025

Crónica de Galicia - 09/08/25

Arde a nave de Impex Europa de Rubiáns, en Vilagarcía. Non hai persoas feridas, si moito fume, desaloxadas as vivendas próximas. Deseguido escoitamos as recomendacións, cómpre non achegarse, hai desvíos na nacional 640.

Moi pendentes tamén de Chandrexa de Queixa, incendio forestal con 600 hectáreas queimadas, é xa o máis grande deste verán en Galicia. Non afecta a vivendas próximas, si está preto de espazos da Rede Natura.

Principais novas dunha mañá con aviso laranxa por altas temperaturas en Valdeorras, no Miño de Pontevedra e de Ourense.

Galicia Informativos
Más opciones