Galicia Informativos Crónica de Galicia - 08/06/2508/06/2025

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE

Ata 700 persoas viaxaron de Galicia a Madrid para unirse á manifestación contra o goberno central. Unha delegación encabezada por Alfonso Rueda.

E nunha semana marcada pola denuncia a Alfonso Villares por agresión sexual, escoitamos ó sector das confrarías na súa primeira valoración á nova conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Poñemos cifra tamén o mercado laboral B: en Galicia houbo 6 mil empregos non declarados o ano pasado. Son os detectados por Inspección, pero na práctica hai máis. Os traballos en negro afloran en eidos coma o das empregadas do fogar.

No tempo de entrevista afondaremos no uso da nosa lingua nas redes sociais cun dos promotores da iniciativa 'Orgullo galego'.

Galicia Informativos
Más opciones