Galicia Informativos Crónica de Galicia - 07/09/2507/09/2025

Crónica de Galicia - 07/09/25

Rachas de vento de ata 70 quilómetros por hora e a calor no mediodía de onte provocaron que o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras avanzase veloz. Arde de novo a provincia de Ourense, e de novo apréciase conduta incendiaria detrás.

Deseguido máis detalles deste incendio que permanece activo con 500 hectáreas queimadas. Todo nunha mañá de protestas en defensa da sanidade pública en Moaña: a veciñanza leva 200 semanas pedindo que se recupere o servizo de urxencias. O Sergas retirouno na pandemia baixo un argumento organizativo e xa non volveu a dar servizo ós moañeses.

Nos vindeiros minutos tamén faremos un repaso da situación educativa en Galicia, achégamos a escolas rurais e falamos coas familias para saber en que estado comezará mañá o curso escolar.

A mañá deixa un falecido en Moeche por un lume orixinado nunha manta eléctrica.

Hoxe ademais moi pendentes do ciclismo porque chega a volta a Galicia, e hai convocadas protestas nunha hora en contra da participación do equipo de Israel

Galicia Informativos
Más opciones