Galicia Informativos Crónica de Galicia - 07/06/2507/06/2025

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE

Primeiras reaccións dos grupos da oposición á Conferencia de Presidentes. Socialistas e o BNG vén unha oportunidade desaproveitada por Alfonso Rueda, consideran que perdeu a ocasión de levar os problemas de Galicia ou de defender o uso do idioma só por seguir o que marca Génova.

Por certo o PSdeG sinala ó PP como responsable da filtración da identidade da denunciante no caso Alfonso Villares.

Pendentes hoxe de Viveiro: o concello chama a tranquilidade despois da vertedura de xurros ó río Landro. O consumo de auga está garantido pero pídese uso responsable e varias praias quedan pechadas ó baño.

E Vigo e Santiago acolleron actos contra o uso excesivo de pantallas nos menores, as familias piden á Consellaría de Educación que reverta a súa política de dixitalización nas aulas.

En Pontevedra, prisión provisional, comunicada e sen fianza para dous dos detidos pola liorta desta semana. Están investigados por tentativa de homicidio e lesións graves.

De contado os detalles, no noso tempo de entrevista recibimos ó cantante Mondra.

Galicia Informativos
Más opciones