Crónica de Galicia - 05/09/25
Os datos do ministerio de transición ecolóxica elevan a 143 mil as hectáreas queimadas en Agosto en Galicia, o que nos convirte na comunidade máis afectada. Pide ás autonomías que tomen leccións do sucedido, e da falta de adecuación dos medios e a prevención á nova caste de lumes agravadas polo cambio climático. Neste senso, os socialistas galegos piden á Xunta que deixe de falar de refuxio climático
- O BNG anuncia iniciativas en defensa do ensino público como a reducción de rateos ou o apoio ó alumnado con necesidades educativas especiais.
- Ryanair aínda non comezou negociar co persoal de Santiago a situación na que quedarán tralo peche da súa base en Lavacolla
- A Garda civil relaciona ós 12 detidos esta semana coa aprensón de 2 toneladas de cocaína este verán en Portugal
- O tempo hoxe estará seco e solleiro, pero mañá volven as chuvias