Galicia InformativosCrónica de Galicia - 05/08/2506/08/2025
O sindicato CIG mete unha marcha máis pra forzar ás administracións a tomar medidas que eviten que se repita unha situación coma a vivida a semana pasada no Porriño. Teñen unha lista de propostas pra ese protocolo que as administracións anunciaron que elaborarán... Cren que non basta con reaccionar ante unha denuncia dunha traballadora, senón que cómpre analiza-lo risco de antemán casa por casa, e dispoñer dúas traballadoras nos casos en que se detecte algún posible problema. A FEGAMP acordou crear unha mesa de traballo coa Xunta, Goberno, patronal, sindicatos e Colexio de Traballo Social pra elaborar ese demanado protocolo.