Crónica de Galicia - 05/06/24
Reunión hoxe dos conselleiros de sanidade coa ministra pra analizar a situación de carencias de persoal, especialmente de cara ó verán, no que os residentes de último ano non poderán ser contratados porque aínda non remataron a súa formación. Así llelo recordaba hoxe Mónica García ós que, como Galicia, plantean a posibilidade de facerlles contratos de forma extraordinaria. A ministra lamenta que algúns gobernos non teñan a planoificación pechada a estas alturas do ano, cando xa debería estar clara. Mentres, nas zonas costeiras hai preocupación... En lugares como Sanxenxo, Portonovo ou Cangas, que multiplican a súa poboación, xa sofren carencias fora da temporada de turismo
- Medio Rural rexeita unha baixada dos prezos do leite.
Nunha xornada organizada pola Federación de industrias lácteas, a conselleira, María José Gómez, pedilles ós empresarios que non discriminen ós productores galegos.
- Asociacións medioambientalistas e de defensa do camiño de Santiago rexeita os argumentos dos directivos de Altri.
Acusan a firma portuguesa de valeirar o rural co único obxectivo de facer negocio.
- Estrella Galicia conta con ter operativa en agosto en Arteixo a que será a fábrica máis grande de cervexa de España.
Cando estea a pleno rendimento permitiralles incrementa producción en 500 millóns de litros de cervexa anuais, o dobre que agora.
- OS bombeiros de Vigo avisan de posibles retrasos na resposta a posibles incidencias.
A falta de efectivos obriga a pecha-lo parque de Coruxo a mairoía dos días e o de Teis non poden garanti-la seguridade de toda a poboación...