Crónica de Galicia - 04/09/25
Galicia ten case 205mil autónomos e subindo. É unha das mellores comunidades pro autoemprego, segundo a unión de profesionais e traballadores autónomos, que ve con bos ollos algunhas políticas da Xunta. Aínda que alerta da caída do pequeno comercio pro que receita máis peonalizacións.
Falamos tamén de siniestralidade laboral, cun accidente mortal esta mañá en Riotorto. E os lumes non deixan o debate político...
- A secretaria xeral do PP non descarta cambios lexislativos ou adecua-la estructura do goberno pra enfrontar mellor os lumes de nova xeración
- A asociación galega de mulleres do mar critica que a Xunta elaborase un Estatuto das mulleres no sector sen telas en conta, e insiste na creación dun Observatorio independente
- A produción de leite cae por vez primeira dende que hai rexistros, ante a continua perda de explotacións gandeiras