Galicia Informativos Crónica de Galicia - 03/08/2503/08/2025

Crónica de Galicia - 03/08/25 - Escuchar ahora

Saúdos, boa tarde

Galicia combate as lapas que deixan máis de 900 hectáreas arrasadas no que levamos de fin de semana

En Vilardevós semella que a situación mellora aínda que as altas temperaturas que se agardan a partir desta hora poden tensar os labores. En Ponteceso, hai tres lumes activos e as últimas actualizacións de Medio Rural apuntan a un total de 350 hectáreas calcinadas. Os veciños de Balarés, desaloxados este sábado, continúan sen poder volver ás súas casas pola proximidade das lapas.

Polo demais, os grupos políticos prepáranse para o debate do teito de gasto que se vai celebrar mañá... Os nacionalistas xa adiantan o seu voto en contra.

Na entrevista deste domingo, conversamos coa conselleira de Política Social após duns días convulsos no seu departamento, especialmente tra-lo asasinato dunha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar no Porriño. Tamén haberá tempo pra facerlle unhas preguntas ó director xeral da loita contra a violencia de xénero, Roberto Barba, o responsable desta área na consellaría.

Dos deportes, unha última hora: Adrián Ben proclámase campión de España nos 1.500 metros.

Galicia Informativos
Más opciones