Crónica de Galicia - 02/08/25 - Escuchar ahora
Bo día,
O lume volve arrasar o monte galego. Dous incendios permanecen activos en Vilardevós e Porto do Son, sendo o primeiro o máis preocupante. Medio Rural vén de confirmarnos que as hectáreas arrasadas son xa unhas 200. As autoridades recomendaron o confinamento dos veciños.
E continúan a chegar as reaccións á sentenza da Unión Europea que daba o primeiro paso no desbloqueo do sector eólico en Galicia. A patronal non se da por satisfeita e pide axilidade á xustiza galega.
Dende Vigo chegaba hai unha hora a autopsia da muller atopada sen vida este venres no Porriño: Sufriu unha morte natural. ((Lembramos que a investigación non descartaba ningunha hipótese deste caso que se coñecía tan só uns días despois do asasinato dunha traballadora do servizo de axuda no fogar no mesmo concello pontevedrés.))
No tempo de entrevista, falamos co decano da facultade de filosofía da Universidade de Santiago sobre Intelixencia Aritifical e ética.