Galicia Informativos Crónica de Galicia - 04/06/22 04/06/2022

A dor dos familiares dos 21 mariñeiros do Villa de Pitanxo falecidos en febreiro en augas de Terranova non atopa acougo. A decisión do goberno de enviar desde Vigo un barco oceonagráfico ao caladoiro que podería levar un robot para baixar ao pecio non fai máis que acentuar o que os familiares consideran coma unha aldraxe. Ademáis deuse a orde de mover de sitio ao oceonográfico para que eles non poideran denunciar a situación ao seu carón.

Na política todo xira en torno a reunión que o presidente da Xunta vai manter o luns cos portavoces da oposición. O socialista Valentín González Formoso avanza que que centrará as súas propostas no ámbito sanitario, nos servizos sociais e no modelo económico.

Galicia Informativos
Más opciones