Xa hai novo calendario de mobilizacións no transporte urbano da provincia. O sector endurece as protestas en demanda de melloras salariais e de conciliación.
Retomarán os paros o día 12 de xaneiro e ameazan cunha folga indefinida a partir da última semana dese mes.
O tecido social da Coruña mostra nunha carta aberta dirixida á alcaldesa a súa indignación pola proposta de que a nova estación intermodal pase a chamarse María Casares.
En Rianxo, un veciño de 65 anos faleceu ó saírse da vía co seu vehículo. A nova coñeciamola nas últimas horas, pero o accidente tivo lugar na Noiteboa cando a vítima se dirixía a cear.
Este sábado chega unha nova edición do programa A radio conta, unha iniciativa que xa é unha tradicción por estas datas e que reúne a tódalas emisoras da cidade da Coruña con un fin solidario