20250814 R5 8,45 CORUÑA
comezamos este percorrido pola información máis próxima, a información local que chega dende tódo-los puntos da comunidade... Máis de 15.000 hectáreas arrasadas. É a última actualización da superficie afectada polos lumes que están a estragar estes días a montaña ourensá, deixando centos de veciños confinados ou desaloxados. A circulación ferroviaria entre Galicia e a meseta permanece interrompida segundo vén de actualizar Renfe. Hai un tren preparado pra saír unha vez se de o visto bo ao estado das infraestruturas, que están a ser avaliadas arestora
- As traballadoras do servizo de cociña do Hospital Quironsalud protestaron este mércores en Pontevedra. Denuncian despedimentos e altas cargas de traballo.
- A Coruña apunta a consumos industriais indebidos ou posibles fugas como posiboles causas do aumento do consumo da auga na area metropolitana
-Mantense a prohibición do baño na praia fluvial de San Clodio, en Ribas de Sil, pola mala calidade da auga. Dende o Concello aseguran que as últimas analíticas son favorables