Informativo A Coruña 8:45 - 02/07/24
Os propietarios de terreos das Fragas do Eume concéntranse este mediodía fronte ao alto tribunal galego, onde se celebra unha vista pola demanda que presentaron contra o Plan Reitor de Usos.
- Os traballadores da planta de tratamento de lixo de Nostián convocan folga intermitente pra este mes de xullo. Piden á empresa concesionaria medidas de seguridade no traballo así como melloras salariais.
-No caso de Ferrol, non hai ningún profesional dispoñible nestes momentos. O motivo é que o 75 por cento dos aspirantes das listas están en suspensión de chamamentos.
- Pensionistas de Compostela volveron protagonizar este primeiro luns do mes unha concentración na praza do Obradoiro para reivindicar un Sistema Público de Pensións digno