Informativo Galicia 7:45 - 03/06/25
Moitos dos trece mil estudantes que hoxe comezan as probas de acceso a universidade amencen arestora pensando na primeira proba, a de Lingua castelá, que será ás 10. É o primeiro ano sen a opción de escoller entre o modelo A de exame e o B.
Todo nun martes no que a novidade xudicial das últimas horas témola en Vigo. En liberdade os tres menores detidos como presuntos autores dunha agresión sexual a outra menor.
E se a esta hora circulan pola A6, na contorna de Pedrafita, saiban que a partir da próxima noite haberá cortes de tráfico por obras entre os túneles do Cereixal e Doncos. Haberá rutas alternativas pola Nacional Sexta.
Nos deportes, día importante para o Parrulo de fútbol sala. Tratará de meterse na final polo ascenso á Primeira División. A cita, ás oito da tarde no pavillón da Malata, en Ferrol