Galicia InformativosCrónica de Galicia - 28/05/2528/05/2025
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de RTVE
Coñeciamo-la noticia nas últimas horas, hoxe analizamos da man do avogado e exministro Francisco Caamaño as posibles repercusións da admisión a trámite do recurso do concello de Pontevedra contra a prórroga de Ence ante o Constitucional. Un éxito en sí mesmo, porque o Alto tribunal só acepta 2 de cada 100 recursos de amparo. Caamaño entende que o tribunal ve neste caso unha oportunidade de sentar precedentes pra casos futuros. E se o Constitucional considerase que houbo vulneración do dereito á tutela xudicial, como alega o concello, podería anula-la decisión do Tribunal Supremo, que foi quen deu por boa a prórroga da concesión de ENCE...