Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 22/05/2522/05/2025

Informativo Galicia 7:45 - 22/05/25

Pendentes da decisión xudicial sobre o home detido en Valdeorras despois de que a súa parella se tirase pola ventá. A muller, que pouco antes pedira información para os trámites de separación, segue hospitalizada. Outro home detido en Vigo por prender lume a casa da súa exparella, xa pasou a súa primeira noite no cárcere.

No Parlamento, Ana Pontón acusa á Xunta de abandono da saúde mental; rueda recoñece que é un problema crecente a anuncia a contratación de máis psicólogos.

E temos que lamentar varias mortes. Dous octoxenarios faleceron en senllos accidentes: un atropelado no concello pontevedrés de Vilaboa; o outro nun sinistro co tractor no ourensán de Cualedro.

Outro máis foi atopado sen vida esta noite no río Sar: de momento descoñécese a identidade e a causa da morte.

O tempo. Poucos cambios... nubes baixas a primeira hora no terzo norte e logo ceos moi abertos

Galicia Informativos
Más opciones