- Ofrece na gran feira do turismo unha oferta variada para atraer este verán os viaxeiros que perdeu pola covid
- Converterse en peregrino virtual é un dos atractivos do ‘Túnel do Camiño’
Presenta o dobre Ano Xacobeo como protagonista e o reto de superar os cinco millóns de visitantes
Un de cada catro galegos está xa inmunizado contra a Covid, e a situación sanitaria segue a manterse estable. O Sergas recomendará completa-las pautas cunha segunda dose de Astrazéneca.
Comeza a preparación dun novo curso escolar no que a pandemia aínda non terá rematado. Os sindicatos temen que a redución de distancia entre pupitres supoña a fin dos profesores de reforzo.
A xustiza suspende tódalas actuacións relativas ó pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.
Por primeira vez unha muller vai dirixir o sindicato CC.OO. en Galicia. Amelia Pérez sustituirá a Ramón Sarmiento, que hoxe anunciou por sorpresa que retira a súa candidatura á reelección.
A Audiencia Nacional revisa hoxe se Aluibérica incumpriu, como din os traballadores, o acordo do expediente de regulación asinado en 2018.
No tempo, día de verán, pero pola noite volven a chuvias.
Navantia-Ferrol ENTREGA HOXE O BUQUE LOXÍSTICO construido para a Armada de Australia.
O estaleiro público queda sen carga de traballo ata o verán de 2022.
Os traballadores do naval da ría ferrolá reclaman novos contratos.
--- O Fiscal do caso Alvia solicita catro anos de prisión para o exdirector de seguridade na circulación do ADIF, Andrés Cortabitarte, polo descarrilamento do tren en Angrois.
--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nega a eliminación de 700 prazas de aparcamento, como denuncia o Partido Popular.
--- Deportes. O Obradoiro perde co UCAM Murcia na prórroga. O Deportivo Abanca empata no campo do Atlético de Madrid e soña coa permanencia.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
A reunión do comité clínico adiouse finalmente a este xoves. A falta de coñecer as posibles decisións sobre o mapa de restricións por concellos e a hostalaría, esta mañá amencemos xa con algunhas certezas.
Por exemplo, que haberá posibilidade de poñer a segunda dose de AstraZéneca para os menores de 60 anos, como quería Galicia, aínda que Pfizer segue sendo a opción que prefire o Ministerio.
O vindeiro curso, ademais, podería reducirse a distancia social nas aulas. A Xunta pide un fondo específico para aplicar as novas medidas nos centros educativos.
A intención é vacinar os escolares de entre 12 e 16 anos antes de setembro.
- Os expertos sanitarios advirten de que as dúbidas sobre segunda dose pode crear confusión e atrasar a aplicación da vacina
- A OMS e a Axencia Europea do Medicamento aseguran que a vacina de AstraZeneza é segura e eficaz
Os expertos sanitarios advirten de que as dúbidas das administracións poden crear confusión.
Insisten en que a vacina de AstraZéneza é totalmente segura.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Nova protesta dos traballadores do naval da ría de Ferrol.
A partir das nove e media, empregados de Navantia e das empresas auxiliares percorrerán a pé 15 kilómetros. Algúns pola Autoestrada Ap 9.
Reclaman carga de traballo.
Dimite a concelleira de servizos sociais de Ribeira por unha festa ilegal que organizou o seu fillo e na que participaron uns 20 mozos.
O conselleiro de Cultura encarga informes a expertos e institucións que demostren a galeguidade das estatuas do Mestre Mateo e da biblioteca de Pardo Bazán que se atopan no Pazo de Meirás.
O concello de Santiago presenta hoxe en Fitur 26 cortos cos que pretende atraer turistas.
Bo día.
Van despexando as nubes e dando paso á calor. Hoxe saberemos se o comité clínico decide finalmente avanzar na apertura da hostalaría. Que pasará tamén cos tres concellos que agora mesmo teñen peche perimetral.
Temos ademais unha nova reunión entre o Goberno e as comunidades. Deberían tomar a decisión definitiva sobre a vacinación dos menores de 60 que teñen unha dose de AstraZéneca. A Comisión de Saúde optou por Pfizer para a segunda, en contra do criterio de autonomías como Galicia.
Tamén reunión sobre Educación de cara ó próximo curso.
Moitos asuntos sobre a mesa nesta mañá de mércores, así que entramos xa en materia...
Alcoa acepta negociar DIRECTAMENTE con seis empresas a venda da súa planta da Mariña. Son as que lle propuxo a SEPI. Os traballadores avaliarán mañá nunha asamblea extraordinaria este paso que dá a multinacional cando está a piques de se cumprir o primeiro ano do conflico laboral.
Que tal boas tardes, a esta hora estamos pendentes tamén da decisión que se tome sobre que vacina recibirán as persoas menores de 60 anos que recibiron xa unha primeira dose de Oxford-AstraZeneca.
- Nas axencias de viaxes aumentan a demanda de información e as reservas
- Os que saíron de Galicia volveron buscar o sol, boa parte voaron a Canarias.
Nas axencias de viaxes aumentan a demanda de información e as reservas
Hoxe decídese na comisión nacional de saúde qué vacina recibirán os menores de 60 anos cunha dose de Astrazéneca. A Xunta defenderá que se aplique a mesma marca.
A oposición reclama un novo modelo de explotación da enerxía eólica. Din que o actual ten un alto custo ambiental a cambio de beneficios para uns poucos.
Chamado aos propietarios de terreos forestais próximos ás vivendas para que os teñan limpos antes do 31 de maio.
Exhumados os restos mortais de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta hai dezanove anos. Procúranse pistas sobre a súa morte a un ano de que prescriba o caso.
Os museos celebran o seu día en plena reorganización das súas actividades, para facelas axeitadas na situación actual. Os interactivos son os que máis están a sofrer a situación.