Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A doazón de órganos para transplantes mantívose en Galicia por riba da media española durante o ano pasado. Tamén se viu afectada pola pandemia. O número de transplantes realizados baixou un 7% con respecto a 2019.

Actualmente hai en Galicia 8. 600 persoas que contan cun ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.

Principio de acordo entre o comité de Alcoa e a multinacional para negociar a venda da fábrica de aluminio á SEPI. Os traballadores decidirán en referendo se aceptan o pacto, que poría fin a folga iniciada o pasado mes de outubro. // Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril.// O Concello de Xinzo de Limia pide aos veciños que so saian das suas casas para as actividades esenciais e que en todo caso adianten o toque de recollida ás 20h. // A alta incidencia de contaxios repercute tamén nas aulas. Máis 1.600 casos contabilízanse nos colexios e institutos, o dobre que antes das vacacions de Nadal. 18-01-2021

Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021

O sol volve brilar nos ceos este luns, no que se prevé un lixeiro aumento das temperaturas. A influencia dun anticiclón marcará unha xornada que arrancará con néboas nas comarcas do interior. 18-01-2021

Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021

Al menos siete comunidades autónomas han comenzado este domingo a administrar la segunda dosis de la vacuna de Pfizer contra el coronavirus. Se trata de Baleares, Canarias, Cataluña, Comunidad Valenciana, Galicia, Madrid y País Vasco, mientras que el resto de autonomías comenzarán a inyectar la segunda dosis este lunes. La segunda dosis se administra 21 días después de la primera y es la que otorga la inmunidad.

FOTO: Nieves Cabo recibe la segunda dosis de la vacuna de Pfizer-BioNTech en una residencia de Santiago de Compostela. Xunta de Galicia.