Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta semana ha pasado por 'El Rincón' de Parlamento el diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego. Nos cuenta cómo ha llevado el confinamiento en Madrid lejos de su familia, confiesa que no ha hecho casi deporte, que se iría de cañas cuando se pudiera con el diputado de la CUP, Albert Botran, y que su lectura de estos días está siendo principalmente los decretos del Gobierno.

O Ministro de Sanidade confirma o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. A Hostalaría, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para a nova situación que suporá tamén máis facilidades para o desprazamento. Estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a distancia entre os bañistas.// O Consello da Xunta estuda un novo plan de loita contra os incendios adaptado as restriccións impostas pola alerta sanitaria. Feijóo reclama ao goberno central que se permita a mobilidade dentro das catro provincias galegas e critica o acordo con Bildu para derogar a reforma laboral. //A desescalada fai aumentar en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco. 22/05/20

A Hostelería, o comercio e outras actividades ultiman os preparativos para o pase de Galicia a Fase 2 a partir do próximo luns. Aumentarán as facilidades para o desprazamento e estará autorizado o uso recreativo das praias ainda que se establecerán medidas para garantir a separación.// A desescalada intensifica en moitas familias as dificultades para a conciliación. Os pais reclaman solucións para a volta progresiva á actividade laboral, logo do confinamento, mentres os colexios seguen pechados, e sen poder recurrir aos avós como grupo de risco.// Aberto o prazo para o voto por correo para as eleccións autonómicas do 12 de xullo. Os traballadores de Correos reclaman medidas de reforzo ante un posible incremento de solicitudes de optar por forma de votación pola alerta sanitaria. 22/05/20

A obriga de levar máscaras nos lugares públicos onde non se garanta a distancia de seguridade reflíctese nun uso xeneralizado nas rúas. Unha empresa do Carballiño confecciona máscaras con láminas de plástico especiais para facilitar a comunicación con persoas xordas. //O alcalde de Catoira, Xoan Castaño, do BNG, presenta por sorpresa a dimisión no pleno en que se ia votar a moción de censura presentada contra él polos portavoces dos grupos socialista e do partido Popular. Agora negocia un novo goberno cos dous concelleiros socialistas que se desmarcaron do acordo.// A circulación de vehículos rexistrada en Galicia chega ao 60 por cento da habitual antes da alerta sanitaria, logo de estar por debaixo do 20 por cento nas semanas de confinamento estricto. A Dirección xeral de Trafico chama á precaución de cara ao incremento de mobilidade prevista a partir da próxima semana. 21/05/20