Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur // Santi Prego e Benedicta Sánchez, dous galegos nominados aos Goya como actor e actriz revelación. 23/01/20
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Ministerio de Industria asegura que en breve se vai aprobar o estatuto electrointensivo que permitirá abaratar os costes de enerxía para Alcoa // A dous días para a gala dos premios Goya, Benedicta Sánchez afronta con serenidade aos seus 84 anos a nominación como mellor actriz revelación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur. 23/01/20
Día de nubes e claros con aumento da nubosidade pola tarde no sur e posibilidade dalgún chuvasco ocasional cara a noite. As temperaturas mínimas baixaron e con elas apareceron xeadas no interior. As máximas soben algo. Oscilarán entre 12 graos previstos en Lugo e 15 en Pontevedra. 23/01/20
A Xunta vai dedicar 800 milóns de euros anuais a loitar contra a despoboación // O Ministerio de Industria asegura que en breve se vai aprobar o estatuto electrointensivo que permitirá abaratar os costes de enerxía para Alcoa // A dous días para a gala dos premios Goya, Benedicta Sánchez afronta con serenidade aos seus 84 anos a nominación como mellor actriz revelación // O Xacobeo 2021 e a promoción turística das distintas rutas de chegada a Santiago son hoxe protagonistas en Fitur. 23/01/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
O presidente da xunta dalle horas ao goberno central para que rectifique e pague os 370 millóns que lle reclama o executivo autonómico // Traballadores de Alcoa en San Cibrao e doutras industrias grandes consumidoras de enerxía maniféstanse en Madrid polo prometido Estatuto electrointensivo // Arranca a Feira Interancional de Turismo Fitur, co Xacobeo 2021 como gran protagonista do expositor de Galicia. 22/01/20
O Sergas vai contratar esta mesma semana dous pediatras no hospital de Verín e conta con reabrir a sala de partos deste hospital a comezos de febreiro // A borrasca Gloria, que está a conxelar media España, apenas roza Galicia, en alerta por vento forte do nordés, que trae frío // Sogama arranca o 2020 convertida na planta máis eficiente de toda Europa no tratamento e xestión dos residuos // Xubilados de Lugo consideran insuficiente a suba do 0,9% das pensións e seguen manifestándose // O Celta resiste o asedio do Atletic en San Mamés e suma un punto // Cuarta vitoria consecutiva do Deportivo // Tras ser visitada por máis de 32 mil persoas en Madrid e Valencia, a mostra Galaicos fai a súa última parada no museo de Pontevedra. 20/01/20
A Xunta insiste en que son seguras as instalacións do colexio de Sarria que foi apuntalado trala aparición de fendas, pero a maioría dos nenos non van á clase // O deputado do grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, despídese do Parlamento galego para incorporarse ao Ministerio de Traballo // Investigadores da Universidade de Santiago buscan diagnosticar enfermidades graves a partir dunha mostra de sangue, e en menos de dúas horas // O concello de Santiago vai retirar os fogos do Apóstolo da praza do Obradoiro, para evitar deterioros na catedral e no pazo de Raxoi // As chuvias atrasan a colleita dos grelos, que se venden a case catro euros o mollo // A película surcorena Parásitos, candidata aos Oscar, provoca un aumento da demanda na fábrica coruñesa de Bonilla a la Vista. 21/01/20