Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A empresa de Padrón Aluminios Cortizo segue medrando e vai crear un campus tecnolóxico onde investigarán 350 enxeñeiros e arquitectos // Unha empresa funeraria de Becerreá, en Lugo, é a encargada da exhumación dos restos de Francisco Franco do Valle dos Caídos o próximo xoves // Entre aplausos e como heroes eran recibidos na Coruña trinta dos policías galegos destacados en Cataluña // Pontevedra limita a dez quilómetros por hora a velocidade máxima de todo tipo de vehículos nas rúas que compartan cos peóns // Un cento de empresas buscan captar talento en Galicia nun foro no que se ofertan mil postos de traballo de media e alta cualificación // O mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, en Ourense, acolle unha exposición antolóxica de Acisclo Manzano. (22/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Abren en Lugo as Aulas Newton, unha iniciativa para promover o interese dos estudantes de secundaria polas carreiras tecnolóxicas // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Concentracións nas comisarías de Policía Nacional galegas en apoio aos axentes feridos nos disturbios de Barcelona, na de Vigo participou a nai do axente galego que segue grave // Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra a muller acusada de matar aos dous anciáns que coidaba en Arzúa // O Celta roza os postos de descenso, logo de colleitar unha nova derrota fóra da casa // O Deportivo perde contra o Málaga e queda colista da Segunda División, mentres que o Lugo acada a segunda vitoria no que vai de liga // Comeza en Santiago a semana de cine euroárabe Amal, unha ollada cinematográfica á vida en lugares coma Siria, Líbano ou Arxelia. (21/10/19)

Comezamos a semana con ventos do norte e aínda certa inestabilidade. Día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos, máis frecuentes na metade norte e que poderán deixar algunha folerpa de neve nos cumios máis altos de Galicia. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas que nas cidades oscilarán entre os 18 graos de Vigo e Pontevedra e os 14 de Lugo e Santiago. (21/10/19)

Toyota vai construir na planta de PSA CITROEN de Vigo a sua nova furgoneta Proace City // Cada ano diagnostícanse  en Galicia uns 4.500  casos de cancro de mama, unha doenza que vai padecer unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida // Cúmprense trinta anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. 18/10/19