Unha muller de 59 anos faleceu esta madrugada nun incendio na súa vivenda en Arteixo // O emprego no sector turístico galego medrou un 3,7 por cento desde hai un ano // A reforma interior do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago, vai custar 29 millóns de euros e tardará tres anos en completarse // A consellería de Cultura ven de licitar por máis de 240 mil euros a próxima campaña arqueolóxica do castro de Viladonga, en Lugo, que vai comezar despois do verán // Visitamos o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, no que compiten as creacións de 10 paisaxistas de Europa e América.
O Concurso cumpre 10 anos cunha edición dedicada ao cine. (06/08/19)