Comeza a semana como rematou a pasada, con sol e temperaturas altas. (10/04/17)
A eurorrexión Galicia norte de Portugal recibirá 90 millóns de euros para financiar proxectos de desenvolvemento.
Os concellos galegos presentan 100 demandas dirixidas ao goberno central e apoiadas por todos os partidos.
Pontevedra acolle estes días o campionato de España de natación absoluto. (10/04/17)
Os hosteleiros galegos auguran unha moi boa ocupación, nesta semana santa // O goberno galego está a elaborar unha lei de augas termais para ordenar os recursos do sector e poñelo en valor // A casa e a granxa dun tratante de Vilalba e unha empresa de curtidos de Monforte figuran entre as instalaciòns rexistradas pola Garda Civil dentro dunha operación contra a fraude na carne de cabalo. 07/04/17
Os hosteleiros galegos auguran unha moi boa ocupación, nesta semana santa. Nas zonas máis turísticas, entre o xoves santo e domingo de Pascua, rozarán o cheo. Santiago, Ferrol e Viveiro ou as Rías Baixas son algúns dos destinos máis solicitados // O goberno galego está a elaborar unha lei de augas termais para ordenar os recursos do sector e poñelo en valor. Anunciábao esta mañá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no acto de inauguración das novas instalacións do balneario de Caldas de Partovia, no Carballiño // A casa e a granxa dun tratante de Vilalba e unha empresa de curtidos de Monforte figuran entre as instalaciòns rexistradas pola Garda Civil dentro dunha operación contra a fraude na carne de cabalo, con 20 detidos en toda España. 07/04/17
Ceos despexados que continuarán durante a fin de semana sen apenas cambios. 07/04/17
A Xunta deulle luz verde á oferta de emprego no Ensino, con 1.043 prazas para profesores en 25 especialidades // Nas próximas un xurado popular decidirá sobre o asasinato da camareira de Ferrol, Marta Sequeiro // Unha veterinaria de Ordes recupérase no hospital das graves feridas que lle causou un can ao que estaba atendendo. 06/04/17
A Xunta deulle luz verde á oferta de emprego no Ensino, con 1.043 prazas para profesores en 25 especialidades. Tamen ás algo mais de 800 prazas para converter en interinos a traballadores eventuais do Servizo galego de Saude // Nas próximas un xurado popular decidirá sobre o asasinato da camareira de Ferrol, Marta Sequeiro. A fiscalía mudou a súa petición de pena e solicita para o acusado, Víctor Timiaraos, 25 anos de cárcere, en vez dos 15 iniciais // Unha veterinaria de Ordes recupérase no hospital das graves feridas que lle causou un can ao que estaba atendendo. 06/04/17
A Xunta deulle luz verde á oferta de emprego no Ensino, con 1.043 prazas para profesores en 25 especialidades // Nas próximas un xurado popular decidirá sobre o asasinato da camareira de Ferrol, Marta Sequeiro // Unha veterinaria de Ordes recupérase no hospital das graves feridas que lle causou un can ao que estaba atendendo. 06/04/17
Seguirán os ceos practicamente despexados, só con algunhas nubes baixas no terzo norte. 06/04/17
A Área Metropolitana de Vigo, na que Xunta e Concello mantiñan posicións enfrontadas foi suspendida de xeito cautelar por un xulgado // O Presidente da Xunta dixo que os orzamentos do Estado destinan a Galicia un 11 por cento do gasto previsto // Galicia colaborará con Mozambique para a construción de hospitais e a formación de médicos. 05/04/17
A Área Metropolitana de Vigo, na que Xunta e Concello mantiñan posicións enfrontadas foi suspendida de xeito cautelar por un xulgado // O Presidente da Xunta dixo no Parlamento que os orzamentos do Estado destinan a Galicia un 11 por cento do gasto previsto, unha porcentaxe moi superior, contou, á que pretendía o BNG que os criticara // Galicia colaborará con Mozambique para a construción de hospitais e a formación de médicos. 05/04/17
O anticiclón centrado en Irlanda deixará unha xornada máis marcada pola estabilidade en Galicia con vento do nordés. 05/04/17
A Área Metropolitana de Vigo, na que Xunta e Concello mantiñan posicións enfrontadas foi suspendida de xeito cautelar por un xulgado // O Presidente da Xunta dixo que os orzamentos do Estado destinan a Galicia un 11 por cento do gasto previsto // Galicia colaborará con Mozambique para a construción de hospitais e a formación de médicos. 05/04/17
Andrés Cortabitarte que era director da seguridade na circulación do ADIF no momento no que se produciu o accidente do Alvia en Angrois, acolleuse ao seu dereito a non declarar no xulgado // O Paro baixou en Galicia en algo máis de 1.800 persoas, no pasado mes de marzo, o que supón un descenso do 0,88% // As últimas chuvias fixeron aumentan as reservas de auga nos encoros galegos que seguen en niveis baixos. 04/04/17