Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O primeiro gran petroleiro que pide axuda por unha avaría fronte á costa galega nos últimos anos xa está abrigado no Porto Exterior da Coruña.

O pleno do concello de Pontevedra acaba de aprobar os orzamentos despois dunha tensa sesión.

As horas preevias aos banquetes do nadal rexistran notables aumentos nos prezos dos productos máis demandados. (23/12/16)

O primeiro gran petroleiro que pide axuda por unha avaría fronte á costa galega nos últimos anos xa está abrigado no Porto Exterior da Coruña. Con 150 mil toneladas de fuel a bordo, o MAX YACOB, un petroleiro con bandeira de Liberia de 270 metros de eslora e gran calado, chegou cunha avaría na máquina.

O pleno do concello de Pontevedra acaba de aprobar os orzamentos despois dunha tensa sesión. A abstención de dous concelleiros da Marea permitiu que sairan adiante as contas presentadas polo alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.

As horas preevias aos banquetes do nadal rexistran notables aumentos nos prezos dos productos máis demandados. . Coma as nécoras ou cigalas que viamos está mañá a 45 euros ou ameixas a 30. Entre os que duplicaron o seu valor o camarón que agora xa supera os 140 euros. (23/12/16)

O primeiro gran petroleiro que pide axuda por unha avaría fronte á costa galega nos últimos anos xa está abrigado no Porto Exterior da Coruña.

O pleno do concello de Pontevedra acaba de aprobar os orzamentos despois dunha tensa sesión.

As horas preevias aos banquetes do nadal rexistran notables aumentos nos prezos dos productos máis demandados. (23/12/16)

Galicia non recibiu nada do gordo, no sorteo da lotería do nadal, celebrado esta maña pero si outros pequenos premios en multitude de localidades, incluidos varios décimos do segundo premio // O consello aprobou o complemento de 206 euros para as 40.000 persoas que cobran pensions non contributivas, e que recibirán nos primeiros dias de xaneiro // Velan en Santiago os restos mortais de Elena Marcu que mañá será repatriada o seu país, Rumania, mentres segue fugado o seu presunto asasino, Adrián Burlacu. 22/12/16

Galicia non recibiu nada do gordo, no sorteo da lotería do nadal, celebrado esta maña pero si outros pequenos premios en multitude de localidades, incluidos varios décimos do segundo premio. A cantidade máis grande caeu en Bertamiráns, perto de Santiago, onde foron vendidas unhas 40 series do número 3.371, agraciado co último dos quintos premios en saír // O consello aprobou o complemento de 206 euros para as 40.000 persoas que cobran pensions non contributivas, e que recibirán nos primeiros dias de xaneiro // Velan en Santiago os restos mortais de Elena Marcu que mañá será repatriada o seu país, Rumania, mentres segue fugado o seu presunto asasino, Adrián Burlacu. 22/12/16

Galicia non recibiu nada do gordo, no sorteo da lotería do nadal, celebrado esta maña pero si outros pequenos premios en multitude de localidades, incluidos varios décimos do segundo premio // O consello aprobou o complemento de 206 euros para as 40.000 persoas que cobran pensions non contributivas, e que recibirán nos primeiros dias de xaneiro // Velan en Santiago os restos mortais de Elena Marcu que mañá será repatriada o seu país, Rumania, mentres segue fugado o seu presunto asasino, Adrián Burlacu. 22/12/16

A xuíza decretou o ingreso en prisión sen fianza de César Adrio, o home detido coma presunto autor da morte a coiteladas da xove enxeñeira Ana Enjamio // No xulgado de Tui comparecía esta mañá o fundador da denominada orde dos miguelianos, Miguel Rosendo, ao que a xuíza lle comunicou as acusacións contra el // Os galegos mercamos case un 15% máis de lotaría de Nadal ca o ano pasado. 21/12/16

A xuíza decretou o ingreso en prisión sen fianza de César Adrio, o home detido coma presunto autor da morte a coiteladas da xove enxeñeira Ana Enjamio, da que o cadáver foi atopado no portal da súa vivenda, amañacendo ao sábado. O sospeitoso do crime so responden ás preguntas do seu avogado // No xulgado de Tui comparecía esta mañá o fundador da denominada orde dos miguelianos, Miguel Rosendo, ao que a xuíza lle comunicou as acusacións contra el, entre elas, 25 por abusos sexuais sobre as adeptas á orde que fundara // Os galegos mercamos case un 15% máis de lotaría de Nadal ca o ano pasado. Xogamos de media 61 euros, tres menos ca a media de toda España. 21/12/16

A xuíza decretou o ingreso en prisión sen fianza de César Adrio, o home detido coma presunto autor da morte a coiteladas da xove enxeñeira Ana Enjamio // No xulgado de Tui comparecía esta mañá o fundador da denominada orde dos miguelianos, Miguel Rosendo, ao que a xuíza lle comunicou as acusacións contra el // Os galegos mercamos case un 15% máis de lotaría de Nadal ca o ano pasado. 21/12/16

O inverno comeza con moitas nubes e algunhas chuvias débiles polo extremo norte, que serán menos probables e máis dispersas cara o sur. E as temperaturas sen cambios ou algo máis altas. 21/12/16

Segue detido en Vigo o presunto asasino de Ana Enjamio. Negouse de momento a declarar ante a policía que continua a buscar a arma e tamén o móvil da moza de 25 anos. En Santiago mentres tanto, sen novidades sobre o paradoiro do presunto asasino de Elena Marcu // Galicia ten 15 dos 77 treitos máis perigosos pola cantidade que accidentes que se rexistran neles. A Nacional 120 entre as provincias de Lugo e Ourense, entre Ferreira de Pantón e Nogueira de Ramuín figura como o segundo treito máis perigoso do país // No que vai de ano os equipos da xunta e municipais levan retirado preto de 8.500 niños de vespa velutina dos que se deron case 20 mil avisos. 20/12/16