Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia rexistra o primeiro caso en España de malformación cerebral nun feto a causa do Zika. A nai, unha muller venezolana que contraeu o virus no seu país, someteuse a un aborto debido á gravidade dos efectos da infección no futuro bebé. É o segundo caso destas características que se produce en Europa // Aumentan as iniciativas de agricultura e gandeiría ecolóxicas. Este ano a administración galega tramitou máis de 700 solicitudes para novos proxectos triplicando ás do 2015. Díxoo o Presidente da Xunta nunha entrega de premios para iniciativas de escolares // Lugo preparase para recibir a unha lexión de romanos e castrexos toda a fin de semana. Comezou o Arde Lucus, a festa que lembra o pasado romano da cidadade. As previsións apuntan a que se superen os 600 mil visitantes. 17/06/16

Galicia rexistra o primeiro caso en España de malformación cerebral nun feto a causa do Zika. A nai, unha muller venezolana que contraeu o virus no seu país, someteuse a un aborto debido á gravidade dos efectos da infección no futuro bebé. É o segundo caso destas características que se produce en Europa // Aumentan as iniciativas de agricultura e gandeiría ecolóxicas. Este ano a administración galega tramitou máis de 700 solicitudes para novos proxectos triplicando ás do 2015. Díxoo o Presidente da Xunta nunha entrega de premios para iniciativas de escolares // Lugo preparase para recibir a unha lexión de romanos e castrexos toda a fin de semana. Comezou o Arde Lucus, a festa que lembra o pasado romano da cidadade. As previsións apuntan a que se superen os 600 mil visitantes. 17/06/16

Galicia rexistra o primeiro caso en España de malformación cerebral nun feto a causa do Zika // Aumentan as iniciativas de agricultura e gandeiría ecolóxicas. Este ano a administración galega tramitou máis de 700 solicitudes para novos proxectos triplicando ás do 2015 // Lugo preparase para recibir a unha lexión de romanos e castrexos no Arde Lucus, a festa que lembra o pasado romano da cidadade. 17/06/16

O Consello da Xunta acordou, na súa reunión de hoxe, destinar 60 millons de euros a captar investimentos en I+D. Buscan atraer investimentos de empresas de enerxia, tecnoloxicas e de innovacion. Ademais, o goberno destinará 33 millons de euros para concellos e ministerio de defensa para a loita contra os incendios // Un xuiz admite que lle provocan vergoña os máis dun millón 200 mil euros que pagou a deputación da Coruña en pluses a persoas do servizo de recadación de impostos. Dío nunha sentenza na que lle denega a un dos traballadores dese departamenteo un complemento de productividade que reclamou por considerar inxusto o reparto deses pluses // A ACB confirma que o Club Ourense Baloncesto, o COB, non competirá a vindeira temporada na máxima categoría do baloncesto español. O equipo non conseguiu reunir os case tres millóns de euros que necesitaba para participar na liga Endesa e que debía depositar antes da pasada medianoite. 16/06/16

O Consello da Xunta acordou, na súa reunión de hoxe, destinar 60 millons de euros a captar investimentos en I+D. Buscan atraer investimentos de empresas de enerxia, tecnoloxicas e de innovacion. Ademais, o goberno destinará 33 millons de euros para concellos e ministerio de defensa para a loita contra os incendios // Un xuiz admite que lle provocan vergoña os máis dun millón 200 mil euros que pagou a deputación da Coruña en pluses a persoas do servizo de recadación de impostos // O ancián de Ourense que pasou cinco días na casa coa súa muller morta na cama faleceu ás poucas horas de que o fillo descubrise o cadáver da nai. O home, de 86 anos, estaba inconsciente no baño con síntomas de desnutrición e deshidratación. 16/06/16

O Consello da Xunta acordou, na súa reunión de hoxe, destinar 60 millons de euros a captar investimentos en I+D // Un xuiz admite que lle provocan vergoña os máis dun millón 200 mil euros que pagou a deputación da Coruña en pluses a persoas do servizo de recadación de impostos // O ancián de Ourense que pasou cinco días na casa coa súa muller morta na cama faleceu ás poucas horas de que o fillo descubrise o cadáver da nai. 16/06/16

A borrasca segue a deixarnos chuvias e chuvascos que poden descargar con forza e vir acompañados coma na xornada de onte de treboadas e saraiba sobre todo nas horas centrais do día. As temperaturas, sen apenas cambios, rondarán os 20 graos. 16/06/16

Un exmembro da orde dos miguelianos que denunciou a Miguel Rosendo un mes antes da sua detención prestou declaración coma testemuña no xulgado de Tui que instrúe o caso. No seu momento dixéralle á Garda Civil que vira frascos con fetos e un video no que o lider mantiña relacións sexuais cunha das consagradas // En Lugo denegan a liberdade do senegalés acusado do asasinato da moza Tatiana Vázquez, de 24 anos. A Audiencia Provincial mantén a prisión provisional para Ibrahima Ndiaye porque entende que a súa posta en liberdade podería obstaculizar a investigación e porque existe risco de fuga // Aos aeroportos da Coruña e Santiago chegaron hoxe 174 emigrantes galegos grazas o programa Reencontros da Xunta. Veñen de Arxentina, Uruguay e Brasil. Unha viaxe que viven emocionados porque moitos non volveron desde que era nenos. 15/06/16

Un exmembro da Orde dos miguelianos que denunciou a Miguel Rosendo un mes antes da sua detención prestou declaración coma testemuña no xulgado de Tui que instrúe o caso. No seu momento dixéralle á Garda Civil que vira frascos con fetos e un video no que o lider mantiña relacións sexuais cunha das consagradas // En Lugo denegan a liberdade do senegalés acusado do asasinato da moza Tatiana Vázquez, de 24 anos. A Audiencia Provincial mantén a prisión provisional para Ibrahima Ndiaye porque entende que a súa posta en liberdade podería obstaculizar a investigación e porque existe risco de fuga // Aos aeroportos da Coruña e Santiago chegaron hoxe 174 emigrantes galegos grazas o programa Reencontros da Xunta. Veñen de Arxentina, Uruguay e Brasil. 15/06/16

Prestou declaración un exmembro da orde dos miguelianos que denunciara a Miguel Rosendo e lle dixea á Garda Civil que vira frascos con fetos e un video no que o lider mantiña relacións sexuais cunha das consagradas // A Audiencia Provincial de Lugo denégalle a liberdade ao senegalés acusado do asasinato da moza Tatiana Vázquez, de 24 anos // Aos aeroportos da Coruña e Santiago chegaron hoxe 174 emigrantes galegos grazas o programa Reencontros da Xunta. 15/06/16

Prestou declaración nos xulgados de Tui o visitador que nomeara o bispado no 2013 para recabar información sobre as actividades da orde dos chamados Miguelianos. A súa comparecencia foi en calidade de testemuña // Xuízo en Lugo da Operación Castro de Rei. O ex alcalde socialista, Juan José Díaz Valiño, e outros tres concelleiros ademáis da secretaria, dous técnicos e un empresario están acusados de contratacións irregulares de obras e de persoal. O exalcalde que se enfronta a unha petición de pena de case cinco anos negou as acusacións // En numerosas cidades e vilas de Galicia gardouse este mediodía un minuto de silencio en repulsa pola matanza de Orlando, nos estados Unidos. Unha desas concentracións tivo lugar en Vigo onde o alcalde, concelleiros de todos os grupos municipais e representantes de distintos colectivos mostraron a súa solidariedade coas vítimas da masacre, reivindicada polo Estado Islámico, na que morreron 49 persoas e 53 quedaron feridas. 14/06/16

Prestou declaración nos xulgados de Tui o visitador que nomeara o bispado no 2013 para recabar información sobre as actividades da orde dos chamados Miguelianos. A súa comparecencia foi en calidade de testemuña. A avogada de Miguel Rosendo, asegura que o informe que fixo daquela non aporta probas contra o lider da orde pero a representante da acusación afirma que corrobora as denuncias // Xuízo en Lugo da Operación Castro de Rei. O ex alcalde socialista, Juan José Díaz Valiño, e outros tres concelleiros ademáis da secretaria, dous técnicos e un empresario están acusados de contratacións irregulares de obras e de persoal. O exalcalde que se enfronta a unha petición de pena de case cinco anos negou as acusacións // En numerosas cidades e vilas de Galicia gardouse este mediodía un minuto de silencio en repulsa pola matanza de Orlando, nos estados Unidos. Unha desas concentracións tivo lugar en Vigo. 14/06/16