O Presidente da Xunta situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onde chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. 09/09/14
Día, hoxe de máis estabilidade que estes pasados. Predominan os intervalos de nubes de tipo alto, alternándose con grandes claros. 09/09/14
Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorizara para capturar dúas mil toneladas. Unha autorización que provocou o descontento dos pescadores vascos e cántabros // A Cruz do Castro, un dos elementos urbáns máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica. Unha sentenza xudicial obriga a derrubala por considerala un monumento político franquista. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que o Concello vai recorrer a sentenza porque non é un símbolo do réxime anterior // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión que a mantén confinada na súa cela do cárcere de Teixeiro. Así o afirma o seu avogado, quen recusou ao maxistrado que vai presidir o tribunal con xurado popular. 08/09/14
Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorízara para capturar dúas mil toneladas. Unha autorización que provocou o descontento dos pescadores vascos e cántabros // A Cruz do Castro, un dos elementos máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica. Unha sentenza xudicial obriga a derrubala por considerala un monumento político franquista. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que o Concello vai recorrer a sentenza porque non é un símbolo do réxime anterior // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión que a mantén confinada na súa cela do cárcere de Teixeiro. Así o afirma o seu avogado, quen recusou ao maxistrado que vai presidir o tribunal con xurado popular. 08/09/14
Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorizara para capturar dúas mil toneladas // A Cruz do Castro, un dos elementos urbáns máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión segundo o seu avogado. 08/09/14
Nova xornada hoxe de inestabilidade, provocada por un centro de baixas presións situado sobre o Atlántico. 08/09/14
A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono. O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Evoluciona favorablemente das graves queimaduras que sufriu o presidente dunha comunidade de veciños da Coruña. Queimouno outro veciño do seu edificio ao que lle reclamara o pago de 70 euros por unhas obras no inmoble. 05/09/14
A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con 4 patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono.O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. Os de Vigo traballaron na Madroa preparando o amistoso desta noite fronte o Sporting de Braga pendentes do estado físico de Augusto que lesionou nun amigable coa súa selección. Mentres no Deportivo Victor Fernández adestra hoxe e mañá pensando xa na vindeira xornada e en conquistar a que sería a primeira victoria na liga. 05/09/14
A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. 05/09/14
Ás portas da fin de semana os ceos van ir quedando despexados esta tarde salvo pola costa. No litoral da Coruña e Pontevedra as brétemas poden ser persistentes. 05/09/14
A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // 7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // Os inspectores de facenda propoñen que datos da declaración da renda dos cidadáns sexan públicos, como xa sucede cos dos políticos, logo da lei de transparencia. Tamén piden a creación dunha oficina de loita contra a corrupción, dependente da axencia tributaria e con atribucións policiais. 04/09/14
7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada, dende hai varios anos e culpan ás dificultades legais desa paralización. O plan estratéxico, aprobado este ano, prevé duplicar a producción en España en 15 anos pero din que non será posible se non se cambian as normas que regulan esta actividade. 04/09/14
7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul" // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada. 04/09/14
Seguimos con moitas nubes que incluso deixaron algún orballo illado esta mañá no litoral e polo norte. Nubes que sobre todo polo sur e interior de Galicia van ir deixando paso ao sol durante a tarde. 04/09/14
Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia 16 mortos, un máis que no verán do ano pasado. Seis deses sinistros foron de moto. A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía.
Inaugurada, na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex.
Mellora, dentro da extrema gravidade, a moza de Chantada, en Lugo que a semana pasada, recibiu un disparo na cabeza, efectuado polo seu mozo e xefe, na hamburguesería na que os dous traballaban. (03/09/14)