Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O cadaver da nena de 12 anos de Santiago asasinada a pasada fin de semana xa lles foi entregado aos seus país.

O Celta salva un punto grazas ó porteiro Yoel, en Balaídos ante o Vilarreal. (23/09/13)

Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume. Tamén hoxe o consello de ministros puxo en marcha a reforma do código penal para elevar a pena nese tipo de delictos // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. A decisión anúnciase despois da sentenza da Audiencia Nacional que lles impuxo a catro membros da organización penas de ata 18 anos de prisión por cometer accións terroristas // Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos que faenaban en augas do pais norteafricano. 20/09/13

Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume. Tamén hoxe o consello de ministros puxo en marcha a reforma do código penal para elevar a pena nese tipo de delictos ata os 6 anos que serían 9 no caso de que os lumes afecten a espazos protexidos // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. A decisión anúnciase despois da sentenza da Audiencia Nacional que lles impuxo a catro membros da organización penas de ata 18 anos de prisión por cometer accións terroristas // Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos que faenaban en augas do pais norteafricano. O sindicato CIG di que a flota galega serviu de moeda de cambio para beneficiar ao sector peláxico e aos mariscadores andaluces. 20/09/13

Ingresado no cárcere, por orde do xuiz, o mozo de Tomiño detido logo de ser descuberto por un garda forestal prendendo lume // O Partido Popular vai promover nas institucións iniciativas de condena a Resistencia Galega. Decepción na flota cefalopodeira, logo de que a Union Europea e Mauritania confirmasen a expulsión dos barcos galegos. 20/09/13

E o verán vaise despedir con sol e calor. Na fin de semana volvermos acadar os 30 graos en moitos puntos de Galicia. A entrada dun anticiclón pola costa atlántica fai posible este regreso ao ambiente propio da estación que ainda non rematou. 20/09/13

- O Consello de Ministros aproba hoxe o endurecemento do Código Penal que contempla un aumento das penas para os incendiarios. O vicepresidente da Xunta lembra que é unha vella reinvindicación do goberno galego mentres a oposición asegura que as últimas medidas adoptadas en Galicia contra o lume non van servir de nada.

- O PPdeG volverá promover a condena institucional das actividades de Resistencia Galega.

- A flota cefalopodeira galega dá por perdida a volta a Mauritania.

A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios. A elaboración dun atestado suporá o inicio dun expediente sancionador coma nos que fai a Garda Civil de Tráfico // Os inspectores do ADIF que declararon hoxe no xulgado coma imputados polo descarrilamento do tren en Santiago ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle un mes á Xunta para que execute sen máis demora a sentenza que anula o decreto do plurilingüismo. 19/09/13

Alivio nos estaleiros galegos, logo de coñecerse a cantidade na que o Goberno Central cifra o importe que os financiadores de barcos terán que devolver, logo de que a Unión Europea declarase ilegal o tax lease español // A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios. A elaboración dun atestado suporá o inicio dun expediente sancionador coma nos que fai a Garda Civil de Tráfico // Os inspectores do ADIF que declararon hoxe no xulgado coma imputados polo descarrilamento do tren en Santiago ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle un mes á Xunta para que execute sen máis demora a sentenza que anula o decreto do plurilingüismo. 19/09/13

Alivio nos estaleiros galegos, logo de coñecerse o importe que os financiadores de barcos terán que devolver, logo de que a Unión Europea declarase ilegal o tax lease español // A Xunta vai modificar varias leis para reforzar o papel da policía autónoma na persecución dos incendiarios // Os inspectores do ADIF ratificaron que o tramo da vía no que ocurríu o accidente cumpría todos os reglamentos e normativas de seguridade en vigor. 19/09/13

- A Xunta persoaráse como acusación contra os incendiarios dende o momento do atestado.

- Novas declaracións dos imputados do ADIF polo accidente do Alvia en Santiago.

- Reaccións ó cálculo do Goberno de que haberá que devolver 126 millóns de euros cobrados irregularmente polo antigo tax lease.

- O Tribunal Superior dálle un mes á Xunta para cumprir coa sentenza que declaraba ilegais varios puntos do decreto do galego.

Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13

Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13

Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de Novagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. 18/09/13

- Declaración no xulgado de Santiago de dous cargos do ADIF imputados polo accidente do Alvia.

- O director xeral do FROB di que non se porán obstáculos á entrada de capital estranxeiro en Novagalicia Banco.

- Reunión do presidente de Pescanova coa banca acreedora.

- O caso de Sonia Iglesias pasará ó xulgado de violencia de xénero.