Navantia Fene construirá pezas para un parque eólico alemán que Iberdrola construe no mar Báltico. É un contrato de 90 millons de euros que asegura 450 empregos durante os próximos dous anos na planta coruñesa
Detidos 17 membros dos Riazor Blues na Coruña , dentro da segunda fase da chamada Operación Neptuno na que se busca os autores materiais da morte do siaireiro do deportivo Francisco Javier Romero o 30 de novembro en Madrid.
A xunta aproba o plan de loita contra a pobreza, con 521 millóns de euros nos próximos 6 anos. Entre 300 medidas destacan axudas para as persoas que reciben rendas de inclusión social e para contratar as que están en risco de exclusión. (18/12/14)